miércoles, 23 de enero de 2008

Comida Romana

A dieta romana fundamentase en tres inxestas regulamentarias:

1. O ientaculum é o equivalente ao almorzo; baseado nunha rebanada de pan untada en allo, sal e outros condimentos. Por outra parte tamén era frecuente tomar no primeiro xantar do día ovos, mel, queixo, froitos secos, leite, uvas, etc…

2. O xantar, no que se tomaban as sobras da cea anterior, xa frías ou quentes.

3. A cea, (xantar principal dos romanos). Comezaba sobre as catro ou cinco da tarde e prolongábase durante horas nas familias de máis nobre casta. Na época republicana a cea era simple, xa que se baseaba nunha papa de fariña de trigo chamada pulmentum. Pero a partir do século II a.C a cea constaba de entrantes como ovos, ensaladas, verdura, olivas, champiñóns, pescados, ostras, etc. Acontinuación sérvense tres pratos nos cales os ingredientes principais eran: salmonetes, anguías ou linguado; aves como as perdices, e carne como cabuxo porco ou xabaril. A sobremesa fundamentábase en froitos secos e repostaría. A bebida principal era o viño.

Os produtos básicos da alimentación romana eran: o pan, o sal, o viño(mesturado con auga fría e quente ou con mel), o mel (que remplazaba ao azucre), a cervexa (normalmente ingerida quente, e era a bebida da clase baixa), e algo esencial en súas comestas eran as salsas, como o garum,( líquido que proviña do repouso de pescados en barrís); e por outra beira a condimentación con especies.

Outro dato a destacar é o lugar en onde celebrábanse as ceas, o denominado triclinium. Este lugar non só era considerado como a sala onde xantábase senón que era un lugar de reflexión, en onde falábanse de numerosos temas tanto, políticos, filosóficos como literarios. Polo tanto a decoración era moi importante ademais de haber o de inverno e o de verán.
YUDITH 2º BAC

No hay comentarios: