lunes, 4 de febrero de 2008

A muller romana



A vestimenta da muller romana
Consistía nunha túnica, chamada palia sobre a cal levábase unha stola (peza de roupa de manga curta suxeita á cintura por un cinto formándose, así, pregos, que aportan un toque de elegancia). Tamén utilizaban a toga.
O calzado, tanto feminino como masculino, era denominado calcei;(especie de botíns).
Os peiteados das mulleres varían segundo a época, polo que se determina que houbo distintas modas.
A época de Traxano é unha etapa na que os peiteados acadan a súa máxima complexidade. Na parte central, os cabelos están arranxados na forma chamada “de melón” e por último recóllense nun moño de trenzas diminutas.
Os utensilios empregados eran peites de bronce, óso e marfil. O calamistrum era un ferro cóncavo que servía para marcar os crechos.


A muller na sociedade romana

As mulleres na sociedade romana non tiñan nome propio (praenomen), só o xentilicio (nomen) e o familiar ou alias (cognomen). As peor paradas eran as escravas, xa que ademais de realizar as peores labores, non eran consideradas suxeitos, senón obxectos.
A muller romana participaba como dona e matrona na vida social da casa. Saían libremente de compras polas tendas, acompañaban ao marido a banquetes e recepcións, aconséllalle nas súas decisións, pode intervir como demandante ou testemuña en causas criminais e asiste aos espectáculos públicos.
Obsérvase que a dignidade da muller en Roma está a anos luz da grega.
YUDITH 2º BAC

No hay comentarios: